Archivo por días: 1 diciembre, 2017

Día Mundial de Loita contra o SIDA

O certo é que, entre unha parte da sociedade existe a falsa crenza de que o VIH/SIDA é cousa do pasado, que xa a penas hai casos de morte ou transmisión desta enfermidade, e que sólo debe tratarse o tema con certos colectivos.

Si que é certo que nos últimos anos reducíronse as personas falecidas polo SIDA, pero aínda queda unha importante labor de información e prevención que temos que levar a cabo.

Dende ASEDUC levamos a cabo o programa “INFÓRMATE…perde o medo” co que pretendemos acadar estes obxectivos. Un programa no que poñemos todo o empeño necesario que nos permita achegarnos a diferentes colectivos, á sociedade en xeral, e transmitir a necesidade de ser responsables dende o coñecemento.

Dispoñemos dunha guía nesta mesma web que pode achegarvos a toda a información que precisedes e que, a través do noso correo, poderiades completar