Archivo por días: 14 diciembre, 2017

Formación en mediación

O pasado martes día 5 de Decembro, rematamos unha nova edición do curso de Mediación en Conflictos “A túa responsabilidade ante os problemas”. O curso forma parte do Programa PROMESA (Programa Municipal de Educación para a Saúde e a Prevención das Adiccións) do Concello de Oleiros.

Esta formación de mediadores e mediadoras ten por obxectivo crear vínculos de unión entre os grupos de mediación, o alumnado, o equipo docente e demais membros da contorna escolar, así como mellorar a convivencia no centro educativo.

Impartida na Casa da Cultura de Perillo, tivo unha duración total de 12 horas, que estiveron repartidas en 6 sesións de 2 horas de duración, os martes de 16:30h a 18:30h.v Nesta formación participaron, este ano, 9 alumnos e alumnas do IES Neira Vilas dos cursos de primeiro e segundo da ESO.