Archivo por días: 15 diciembre, 2017

O mércores en Ribadeo, contra o acoso escolar

Este mércores, día 13 de Decembro, no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo, tivo lugar una Mesa Redonda sobre o Acoso Escolar, dirixida a nais, pais, familias e comunidade escolar.  Estas foron organizadas pola Concellería de Servizos Sociosanitarios de Ribadeo, da que é responsable Sonia Meilán Vizoso, así como por Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos do concello.

Nela participou o noso compañeiro Octavio Susacasa, psicopedagogo e mestre, que falou sobre as consecuencias do acoso e cómo afecta a situación ao resto da familia. Estivo acompañado nesta xornada por Olga Alvite (Pedagoga Coordinadora da Delegación de Lugo Fundación Meniños) e por Fernando Villar e Ramón Peña (Formadores da Garda Civil, Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos).