Archivo por días: 21 diciembre, 2017

Programa PROMESA. Formación a profesorado en Mediación Escolar

Este mércores, 20 de decembro, rematou a formación en mediación ao profesorado do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, enmarcado dentro da Rede municipal de Mediación (Programa PROMESA Oleiros), na que participaron 8 profesores e profesoras de dito centro educativo.

Esta formación tivo unha duración total de 12 horas repartidas en 4 sesións desenvolvidas durante os días 12, 13, 19 e 20 de decembro.

No próximo trimestre, á volta de Nadal, continuaremos coa formación ao alumnado  e esperamos que pronto se poida implementar o Programa de Mediación no centro, beneficiándose toda a comunidade educativa. Dende ASEDUC, agradecer a participación e implicación mostradas.

mediacion