Archivo de la etiqueta: Normas

Los límites en la adolescencia

Compartimos este interesante artigo da Psicóloga Arisleydi Sánchez Guzmán.

“El adolescente desarrolla la capacidad no solo de pensar en su propio pensamiento, sino también en el pensamiento de los demás”

“Una capacidad mental relevante en la adolescencia es la de construir proposiciones contrarias a los hechos”

 

A disciplina segue a ser tan importante na educación dun adolescente como durante na infancia. A diferenza é que conforme se van facendo cada vez maiores, os adolescentes cuestionan máis as normas e límites que as nais e pais lles impoñen e queren ser participes delas.  É de vital importancia ter as normas e límites ben definidos e esixir que todos os respecten.

Os adolescentes requiren que os seus pais lles fixen regras, lles dean un marco de acción e os guíen no proceso de maduración. Por suposto, tamén precisan que se comuniquen con eles e que demostren un verdadeiro interese na súa persoa..

Os mozos  séntense protexidos e queridos cando lles establecen límites, xa que estes lles proporcionan unha marxe clara na cal moverse, desenvolverse e autocontrolarse ou regularse.

E recomendable que se lles ensine a ser autónomos e independentes, para que eles mesmos aprendan a fixar as súas propias regras, xa que a súa identidade se vai formando na medida en que son capaces de cumprir o que din.  En cuestión dos límites ou normas non existe nada concreto ni específico, senón que varían de acordo a cada familia, as cales deben propoñer normas de acordo aos seus propios valores.

Todos os adolescentes se resisten aos límites que se lles impoñen, pero á mesma vez, os desexan e os precisan. Nun mundo que cada día é máis axitado para os adultos e os xoves, os límites ofrecen un sentido de seguridade.  Os límites son máis fáciles de fixar cando os nenos son máis pequenos. Es máis difícil, pero non imposible, fixar límites durante os primeiros anos da adolescencia.

Os pais deben ter en conta algúns compoñentes á hora de poñer límites aos seus fillos adolescentes:
•Amosar entusiasmo, na medida en que queren e crían aos seus fillos;
•Proporcionar estrutura, de xeito que o mozo ten expectativas e regras para a súa conduta;

•Apoiar a autonomía, xa que aceptan e estimulan a individualidade do rapaz.
En ocasións os pais non se atopan preparados para establecer os límites. Fáltalles habilidade para facelo. Falan demasiado, esaxeran na emoción, e en moitos casos,  equivócanse na forma de expresar con claridade e con demasiada autoridade.

Consellos básicos:

Ofrezan opcións
•Sexan firmes
•Expliquen o por qué
•Sexan seriamente consistentes
•Controlen as emocións
•Poñan límites ás condutas, non aos sentimentos
•Asegúrense que as accións traian consecuencias

Pautas para pais e nais:

•Deben adicar tempo aos fillos. Moitas condutas dos fillos non se controlan simplemente porque  os seus pais non están dispoñibles para atendelos.
•Os fillos teñen que aprender que rebasar os límites pode traer consecuencias negativas para el. En calquera caso, esas consecuencias deben ser proporcionadas e, a poder ser, inmediatas para que o entenda perfectamente.
•No posible, as regras e os castigos deben ser pactados entre os pais e os fillos.
•A disciplina só a poden exercer axeitadamente os proxenitores que sexan capaces de combinar o agarimo e o control.
•Convén recordar que o que máis inflúe nos nosos fillos non é o que lles dicimos ou o que lles facemos, senón cómo “somos”. Por iso, a educación representa non só revisar as nosas condutas con eles, senón a nosa forma de ser como persoas.
•Se precisa un bo clima familiar.
•É normal que os adolescentes proben tenteando os seus pais para comprobar ata onde poden chegar. E nese momento cando máis firmes deben amosarse . Se ceden, despois será moi difícil dar marcha atrás.
•Todo isto inclúe a necesidade de que los pais sexan razoablemente flexibles, segundo as circunstancias e a idade.
•Os efectos de non poñer límites moldean a un adolescente que nunca ten suficiente, que esixe cada vez máis e que tolera cada vez peor as negativas, creando así un adolescente que medra cunha escasa ou nula tolerancia á frustración.