Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

1 de Decembre: Día Mundial da Loita contra o Sida

O Día Mundial da Sida nace da reunión mundial do cume de Ministros de Saúde sobre programas de prevención da sida de 1988. Desde entón, as axencias das Nacións Unidas, os gobernos e a sociedade civil reúnense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas coa sida.

“Coñece o teu estado” é o lema deste ano do Día Mundial da Sida, cuxo 30 aniversario celebrarase o día 1 de decembro. Desde ONUSIDA convidan a todos a sumarse aos esforzos de concienciación sobre a importancia de coñecer o estado serológico e ao chamamento por eliminar calquera impedimento para acceder ás probas do VIH.

Un dos obxectivos por excelencia desta organización e de todas aquelas que traballamos neste ámbito é poñer fin á epidemia de VIH e  SIDA para o ano 2030, proporcionando e contribuíndo a establecer as orientacións estratéxicas necesarias, fomentando a súa difusión e coordinación e xestionando o apoio técnico necesario.

Hoxe, día 1 de Decembro, estaremos no Concello de Ribadeo a partir das 11:00 da mañá ata a 13:00 na rúa peonil onde se colocará unha mesa informativa con material divulgativo e repartición de preservativos.

Loita contra o VIH-SIDA, unha loita de todos.

 

Equipo ASEDUC

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies