Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

21 de Xaneiro, Día Europeo da Mediación

Desde hai xa 20 anos, o 21 de Xaneiro convertiuse no día Europeo da Mediación .

Tal día como hoxe o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou a recomendación nº 98, primeiro texto lexislativo sobre mediación familiar en Europa, texto que se considera a orixe do impulso europeo á mediación como método de solución de conflitos.

Enténdese como un acto de mediación o proceso voluntario no que dúas ou máis partes vense inmersos nun conflito pero decicen traballar cunha persoa profesional imparcial, que sería a figura da persoa mediadora, para poder buscar solucións e así resolver as súas diferenzas xa que un dos obxectivos deste proceso é obter unha solución válida para ambas as partes do conflito. Cando as partes alcanzan un acordo, estes son revisados e reflectidos por escrito asinados sempre por todas as partes.

Para que todo este proceso se desenvolva de maneira efectiva será imprescindible que as actuacións a realizar baséense nos seguintes principios:

  • Voluntariedad das partes en conflito
  • Flexibilidade e antiformalismo
  • Inmediatez e carácter personalísimo
  • Confidencialidade e segredo profesional
  • Imparcialidade e neutralidade da persoa mediadora
  • Compromiso das partes de non utilizar os datos existentes na mediación

Dende ASEDUC traballamos o proceso de mediación a través da formación tanto do profesorado como do alumnado dos centros educativos, fomentando a implantación dos procesos de mediación nos centros participantes.

 

Un saúdo

Equipo ASEDUC

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies