Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Mostra de cine, experiencia: De Maior Creativ@

Os días 23 e 24 de Novembro levouse a cabo a gala de Maior Creaivo@. Despois dunhas semanas de traballo , porfín chegou a presentación dos resultados obtidos nos talleres de creatividade do Centro Cívico do Castrillón e no Club do Mar de San Amaro.

O día 23 realizouse unha presentación da gala por parte de Domingo Díaz de SocialDocs e pola concelleira de Benestar Social Silvia Cameán. Esta presentación complementouse cunha sesión dobre de cinema coa proxección de:

“A Mocidade” (Paolo Sorrentino, 2015)

“O Exótico Hotel Marigold” (John Madden 2011)

 

O día 24 pola mañá levouse a cabo outra proxección cinematográfica: “Elsa & Fred” (Michael Radford, 2014). Tras a súa finalización iniciáronse as diferentes ponencias da Xornada de Envellecemento e Creatividade:

Descubrindo Creatividades, Noelia García, ASEDUC
Maiores e Cine, Antonio Brea
Maiores Creativos: Activos e Sans, Rocio Sampedro
De Maior Creativ@: Domingo Díaz e Manolo Gómez.

 

Pola tarde chegou un dos momentos máis esperados tanto polos participantes como polo público asistente. A estrea das curtametraxes creadas no taller Maior Creativ@. Antes de cada proxección,dous dos creadores ou protagonistas, presentaban un breve resumo e unha pequena síntese da súa experiencia neste taller, na cal todos eles exterioraron a súa gratitude coa súa participación.

Curtametraxes proxectadas:

“Os Bicos que non dei”

“Na Consulta do Médico”

“A crise acabouse”

“Soidade e solidariedade”

“Vinganza”

“A Mamá”

 

Cada un destes curtos xeraron diferentes emocións nos asistentes. Momentos de risas, momentos máis emocionantes que fixeron gozar a todos os presentes.

Estamos moi orgullosos de poder participar en proxectos como este e con profesionais tan implicados. Esperamos poder seguir estimulando e creando novos retos e experiencias contorna á creatividade.

ASEDUC

  

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies