Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

3 de Decembro, Día Internacional das Persoas con Diversidade Fucional

Podemos definir o termo de diversidade funcional como aquela condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo.

Este termo úsase para definir diferentes tipos de diversidade. Pódese tratar de diferentes capacidades físicas ou mentais, como a discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

Cando unha persoa convive con algún tipo de diversidade funcional, directamente enfróntase a sobrevivir nunha sociedade que, en moitas ocasións, limítalles o seu progreso educacional, económico, persoal, etc. A existencia destas barreiras recoñecéronse en A Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, onde se pon de manifesto que son un compoñente esencial á hora de analizar as causas de marxinación.

Por iso é necesario reivindicar a importancia de, nun día sinalado como o de hoxe, loitar por unha sociedade inclusiva a cal traballe e coopere de maneira continuada,  dotando das ferramentas necesarias e apoio necesario para facilitar o proceso de empoderamiento das persoas con diversidade funcional e así poder garantir dunha vez por todas a súa integración e igualdade na sociedade.

Equipo ASEDUC

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies