Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

5 de Decembre, Día Internacional do Voluntariado

Voluntarios, unha figura na sociedade tan necesaria como transformadora. Persoas que, de forma desinteresada, prestan a súa atención e poñen a disposición doutros a súa saber e os seus servizos , participando de forma directa no crecemento dunha sociedade inclusiva e participativa.  Fortalecen a cohesión social e reforzan a idea de que as accións tanto individuais como colectivas comportan uns efectos sumamente positivos para todos nós.

O día 17 de decembro de 1985, na Asemblea Xeral das Nacións Unidas,  convidou a celebrar o día 5 de Decembro como día mundial do voluntariado, para así darlle a importancia necesaria a esta figura xa a vez facer visible o seu gran traballo e animar a máis persoas a unirse a esta iniciativa.

Unha das últimas publicacións referentes ao número de voluntarios que hai no noso país (Observatorio do Voluntariado), cifra de 3.700.000 as persoas que nalgún momento forman parte desta figura social. Entre as áreas con maior número de voluntarios destacan as de pobreza e exclusión social, violencia de xénero, infancia, adiccións, poboación xitana e inmigración. Referente ao perfil do voluntario, en España, a maioría son persoas novas, aínda que  prevalece o perfil de moza nova con estudos universitarios.

A nosa asociación conta coa participación de voluntarios en diversas actividades que realizamos.

Na imaxe podemos ver a algúns deles, Mónica, Xema e Guillermo.

Esperemos que ano a ano siga aumentando o número de voluntarios

 

Equipo ASEDUC

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies