Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Abraio Escola tempo libre

A Escola de Tempo Libre ABRAIO nace coa finalidade de formar a persoas interesadas no ámbito do tempo libre e da educación non formal, atendendo ás demandas e necesidades da contorna.

A meta da escola é ofrecer unha formación de calidade e perfeccionamento para profesionais deste ámbito, promovendo a participación xuvenil, de adultos e o intercambio sociocultural.

A través dos cursos de monitorado de tempo libre obtéñense as ferramentas necesarias para xestionar e intervir no tempo libre doutras persoas, xa sexa nun campamento, comedor escolar, actividade de montaña, etc.

O obxectivo destes cursos é formar ao alumnado para realizar actividades socioculturais e recreativas, de especial interese para a infancia e a xuventude, tanto no medio urbano como na natureza.

A Escola de Tempo Libre ABRAIO, é unha entidade recoñecida oficialmente pola Dirección Xeral de Xuventude e os seus cursos están homologados pola Xunta de Galicia.

Actualmente, se están a organizar cursos en colaboración coa Fundación INDAGA.

Neste intre se están a organizar dous novos cursos de Monitor de Ocio e Tempo Libre, un na cidade de A Coruña e outro en Narón. Ponte en contacto para obter máis información.

Características globais da Formación en Monitorado de Tempo Libre:

  • Os requisitos para o acceso: ter máis de 18 anos e graduado en ESO.
  • Destinado a aquelas persoas que queiran formarse para poder realizar unha labor educativa coa poboación infantil e xuvenil no ámbito do tempo libre.
  • Modalidades: semanal, fin de semana e períodos vacacionais
  • Correo para máis información: abraio.etl@aseduc.es

Estás en búsqueda de novas experiencias neste ano 2018?

Apúntate xa a esta formación en tempo libre,  aprenderás moito sobre xestionar campamentos e actividades de ocio para outras persoas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies