Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Acto no CIS Carmela Arias e Díaz de Rábago

O pasado venres, 21 de setembro, acudimos á celebración da nosa Señora da Merced, Patroa dos Corpos de Institucións Penitenciarias, que se celebrou no CIS Carmela Arias e Díaz de Rábago, institución coa que levamos dous anos colaborando e na cal desenvolvemos diferentes programas socioeducativos.

Durante o acto, concedéronse distintas medallas ao mérito penitenciario e recoñeceuse o bo traballo das distintas persoas traballadoras do centro, institucións e entidades colaboradoras.  Ademais, e para a nosa sorpresa, recoñeceron a ASEDUC o labor desenvolvido estes últimos anos na institución, levando a cabo os programas de Competencias Educativas, Terapia Canina e Teatro. Moitísimas grazas!

Na imaxe pódese ver ás nosas compañeiras Viviana Varela e Noelia García, educadoras sociais e responsables dos programas que alí se desenvolven, co agasallo recibido.

O vindeiro mércores, 3 de outubro, dará inicio un novo curso de Competencias educativas, así como nas próximas semanas o Programa de Terapia Canina.

Comezamos este novo curso con moita ilusión e ganas!

Vos seguiremos informando.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies