Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Onte na Torre de Hércules…

Onte 14 de Xuño, participamos nunha das xornadas de terapia, coa Escola canina ” Meu Can”. Que ganas tiñamos de coñecer a Bali, unha cachorra de raza pastor belga en pleno auxe de aprendizaxe.

Como xa sabedes, estamos a traballar coas persoas usuarias do Centro de Inserción Social Carmela Arias e Díaz de Rábago (CIS) da Coruña desde o pasado mes de abril, grazas a  as profesionais de ” Meu Can”.

Aínda que xa coñeciamos a Lala, a Nut e a Marnie, que nos ensinaron a traballar a integración, impulsar a participación, o respecto, a xestión emocional, a empatía, a aprendizaxe da relaxación, aprendizaxe da xestión do medo, aumento da atención e concentración coas persoas , con Bali esta semana tivemos a oportunidade de traballar a modificación de conduta e o adestramento canino mediante exercicios e actividades prácticas.

O bo tempo estaba da nosa parte así que saímos a realizar a sesión de onte ao campo da Torre de Hércules. Repetiremos!

 

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies