Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

“Camiñando xuntas. Terapia canina”

Este venres, 25 de maio, presentamos o Programa de Terapia Asistida con Animais (TAA), en concreto Terapia Canina “Camiñando xuntas”, en colaboración coa escola canina Meu Can e a Fundación Mujeres.

Esta presentación terá lugar no Centro de Información a Muller (CIM) de A Coruña ás 11:30h, e estará enfocada ás mulleres usuarias da Fundación Mujeres, co obxecto de formar grupo e poder comezar a desenvolver o programa.

Os obxectivos que perseguimos co desenvolvemento deste programa son:

  • Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
  • Aumento da autoestima
  • Xestión emocional
  • Aumento da empatía
  • Superación do medo
  • Aprendizaxe da relaxación
  • Aumento da atención e a concentración

Esperamos que de esta xuntanza poida xurdir un novo grupo de traballo.  Temos moitas ganas!

 

 

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies