Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Desenrédate! Prevención de adiccións e bon uso das TIC

O uso das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) e Internet é, na actualidade, un instrumento clave na vida diaria das persoas, das súas relacións sociais, familiares, laborais, educativas, etc. Teñen revolucionado o estilo de vida das persoas adultas pero, sobre todo, da xuventude.

Utilizadas adecuadamente representan unhas ferramentas extraordinarias para o desenvolvemento e a comunicación, pero tamén implican riscos que é necesario coñecer e saber previr. Ademais, tamén é necesario desenvolver pautas que delimiten as fronteiras entre o uso, o abuso e a adicción.

As familias, profesionais e docentes non podemos eludir a nosa responsabilidade en canto á transmisión de valores adecuados para a súa utilización. É importante coñecer os factores de risco e protección que inciden no bo ou mal uso destas tecnoloxías, as posibles sinais de alerta ante o mal uso e as recomendacións prácticas e estratexias preventivas efectivas dende o entorno familiar e educativo.

A través de estes talleres, tratamos de formar e informar ao alumnado no uso sensato e responsable das redes. Para iso, baseámonos en:

  • Prevención educativa: fomento da prevención co obxectivo de buscar as causas e analizar as súas consecuencias antes de que teñan lugar. Non se trata de xulgar as prácticas habituais dos mozos e mozas, senón de acompañar ese proceso e favorecer unha reflexión crítica.
  • Normalización: tratamento normalizado da utilización das TIC así como das prácticas habituais do alumnado en relación ás mesmas, rexeitando posturas alarmistas, tratando de romper cos prexuízos sobre internet, as redes e as relacións online.
  • Educación en valores: as TIC son outro medio a través do cal se transmiten determinadas condutas, ideas, valores, etc., polo que se fai necesario fomentar a educación en valores a través das redes e a responsabilidade de todos e todas para un uso adecuado e positivo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies