Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

DÍA INTERNACIONAL COTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio, commemoramos o día contra o bullying e o acoso escolar.

É necesario remontarse ao ano 2013 para conconer as orixes deste día. A ONG Bullying Sen Fronteiras, é aprobada pola UNESCO en 2013, co fin de axudar á concienciación deste problema. Na súa páxina web https:// bullyingsinfronteras. blogspot. com/ redactan un pequeno extracto das razóns achegadas e consideracións que se puxeron sobre a mesa:

Solicitamos formalmente que o Día Dous de Maio de cada ano sexa considerado como o DÍA MUNDIAL CONTRA O BULLYING para concientizar sobre a destrución dos Dereitos Humanos de nenos e adolescentes que carrexa. Da dor, a angustia e o medo de non saber e non entender por que ese compañeiro ou esa compañeira de súpeto agrídeos, os molesta, íllaos e vólvelle insoportable a xornada escolar. Co compromiso de todos lograremos un rexeitamento voluntario e universal ao bullying e lograremos derrotar ao flagelo. Só así os nosos mozos (nenos e adolescentes), volverán a ese máxico lugar que é a escola, a mesma que na República Arxentina e América popularizou Domingo Faustino Sarmiento. Un lugar para estudar, aprender, crecer, soñar e forxar un futuro mellor para eles, para nós e para todos.

(Extracto dos Considerandos. Presentación oficial. Dous de Maio. Día Mundial da Loita contra o Bullying.Firmas. MIGLINO. Outros. Bullying Sen Fronteiras.)

Pero a que nos referimos cuanod falamos de acoso escolar ou bullying?

Son numerosos vos autores que escribiron e estudaron sobre estes feitos. Cuantro traducimos a palabra ¨ bully”, o seu significado encádrase a matón, bravucón, condutas violentas encamiñadas ás amenzanas, insultos, golpes, etc.

Como ben recolle a tese “TIPOS DE ACOSO ESCOLAR ENTRE PARES NO COLEXIO NACIONAL MIXTO MIGUEL MERCHÁN OCHOA”, da universidade de conca , Olweus (1986, 1991, 2004:25), manifesta que:

“Un alumno é agredido ou se converte en vítima cando está exposto, de forma repetida e durante un tempo, a accións negativas que leva acabo outro alumno ou varios de eles”

Sullivan (2005:5), pola súa banda manifesta que “O acoso escolar é un acto ou unha serie de actos intimidatorios e normalmente agresivos ou de manipulación por parte dunha persoa ou varias contra outra persoa ou varias, normalmente durante un certo tempo. É ofensivo e baséase nun desequilibrio de poderes”.

Para que existan este tipo de actos, dáse sempre, na maior parte das veces a existencia de tres figuras:

  • Vítimas
  • Agresores/acosadores
  • Espectadores

O acoso escolar non se dá sempre da mesma forma, periodicidade ou duración. Existen multiples formas de acoso e múltiples clasificacións, nós destacamos os seguinte:

  • Acoso físico
  • Acoso psicolóxico, social ou relacional
  • Ciberbullying ou ciberacoso

Aseduc participou ao longo dos anos en diversos programas que loitan contra este tipo de situacións, intervindo nun gran número de centros educativos. Cremos que unha das armas máis poderosas coas que contamos como sociedade é apoiar e trbajar a PREVENCIÓN a través de proxectos e programas levados a cabo por persoal cualificado.

Unidos e concienciados, entre todos acabaremos con este tipo de condutas.

ASEDUC

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies