Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Día Internacional da Muller e das Nenas na Ciencia

O 22 de decembro de 2015, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas decidiu establecer o 11 de febereo como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Un dos obxectivos clave deste día tan especial, é lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía, seguindo a loita constante por romper coa brecha de xénero e fomentar o empoderamento das mulleres e as nenas.

Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU, laza unha mensaxe conmemorando o día de hoxe:

Para estar á altura dos desafíos do século XXI, necesitamos aproveitar todo o noso potencial. Ese esforzo esixe desmontar os estereotipos de xénero. Neste Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, habemos de asumir o compromiso de poñer fin ao desequilibrio de xénero nesta disciplina.

Desde o Ministerio de Ciencia e Innovación quixeron celebrar este día a través da organización de diferentes actividades en toda España , resumindo a importancia deste acomtecimiento a través do seguinte vídeo :

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies