Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

DÍA INTERNACIONAL DO TRABALLADOR E DA TRABALLADORA

Hoxe, 1 de Maio, e desde o ano 1889, é a conmemoración do movemento obreiro mundial.

Pero, Porqué o 1 de Maio?

Para coñecer as orixes do Día Internacional dos Traballadores e as Traballadoras debemos remontarnos ao ano 1886 en Estados Unidos. Iníciase unha gran loita que ten por obxectivo primordial establecer un limite de 8 horas á xornada laboral, xa que, ata o momento, o único que estaba regulado era que non se traballasen máis de 18 horas sen causa xustificada.

O 1 de Maio de 1886 inícianse en Chigago os primeiros enfrontamentos entre policia e traballadores da fábrica de McCormik (fabrica de maquinaria agrícola) ,con extrema violencia.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es 2676555w1033-1-1024x682.jpg
A Revolta de Haymarket na que acusaron aos Mártires de Chicago. Fonte: lanacion.com

Foron días longos e duros. O 4 de maio convócase unha concetracion na praza Haymarket (coñecida como a revolta de Haymarket) cando se desata a confusión ante o estalido dun artefacto, do que resulta morto un policia. Hai enfrontamentos e moitos detidos, entre eles un carpinteiro, un tipógrafo e tres xornalistas, todos eles condenados á morte. Son os que hoxe en día se lles coñece como ¨Os mártires de Chicago¨.

Os seus nomes eran:

  • George Engel, alemán, 50 anos, tipógrafo.
  • Adolf Fischer, alemán, 30 anos, xornalista.
  • Albert Parsons, estadounidense, 39 anos, xornalista
  • August Vincent Theodore Spies, alemán, 31 anos, xornalista.
  • Louis Lingg, alemán, 22 anos, carpinteiro. Coñécese que para non ser executado suicidouse na súa propia cela.

Este ano non se conmemorará o día como noutras ocasións con concentracións ou xuntanzas ante a situación que vivimos co Covid-19, por iso queremos conmemorar un día como hoxe e transmitir todo o noso apoio e ánimo.

ASEDUC

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies