Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Finalización do obradoiro de Terapia asistida con animais con mulleres coidadoras: Camiñando xuntas

O pasado día 4 de Decembro realizouse a última sesión de terapia asistida con mulleres coidadoras: Camiñando xuntas no Centro de Información á Muller.

O obradoiro deu comezo o día 2 de Outubro. 10 sesións realizáronse ao longo destes 3 meses nas cales se perseguiu a consecución de obxectivos elaborada para o taller. Mellorar a autoestima das participantes, xestionar emocións, superar medos e a aprendizaxe da relaxación, foron algunhas das metas principais a alcanzar polas actividades realizadas.

Este obradoiro non podería desenvolverse sen o traballo realizado pola Escola Canina ¨ Meu Can¨ dirixido pola educadora canina Lorena Terrón. Tamén queremos agradecer á Fundación Mulleres a súa participación da man de María Hervada Caamaño, Técnica de Proxectos de Igualdade. E por último agradecer ao Centro de Información á Muller por cedernos un espazo onde poder levar a cabo as actividades.

As participantes das actividades mostraron a súa gratitude ao finalizar o obradoiro, comentando a aprendizaxe alcanzada e a súa recomendación en futuras realizacións.

Foi un pracer desde a nosa asociación poder desenvolver este obradoiro.

Esperamos vernos de novo.

Equipo ASEDUC

       

 

    

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies