Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Formación en mediación

O pasado martes día 5 de Decembro, rematamos unha nova edición do curso de Mediación en ConflictosA túa responsabilidade ante os problemas“. O curso forma parte do Programa PROMESA (Programa Municipal de Educación para a Saúde e a Prevención das Adiccións) do Concello de Oleiros.

Esta formación de mediadores e mediadoras ten por obxectivo crear vínculos de unión entre os grupos de mediación, o alumnado, o equipo docente e demais membros da contorna escolar, así como mellorar a convivencia no centro educativo.

Impartida na Casa da Cultura de Perillo, tivo unha duración total de 12 horas, que estiveron repartidas en 6 sesións de 2 horas de duración, os martes de 16:30h a 18:30h.

Nesta formación participaron, este ano, 9 alumnos e alumnas do IES Neira Vilas dos cursos de primeiro e segundo da ESO.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies