Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Infórmate…perde o medo! en Ribadeo

Continuamos a desenvolver o programa “Infórmate…perde o medo!” en Ribadeo, mediante a realización de obradoiros nos diferentes centros educativos.

Dito programa, que se desenvolve nas áreas sanitarias de Ferrol e Cervo, entre outras actividades, consiste no desenvolvemento de obradoiros que teñen por obxectivo formar, informar e previr o VIH-SIDA, outras ITS, embarazos non desexados, etc. ademais, a través deles foméntanse actitudes de normalización da sexualidade e da igualdade e respecto mutuo entre as persoas, erradicando os estereotipos existentes cara a persoas con diversas prácticas e orientacións sexuais, e promovendo a reflexión e análise crítico sobre as ideas, actitudes e comportamentos relacionados coas relacións humanas.

Vimos de rematar, no mes de febreiro, os obradoiros no CIFP Porta da Auga co alumnado de FP Básica, no que se desenvolveron 4 sesións cunha duración de 50 minutos con máis dunha vintena de alumnos e alumnas, os días 16, 23 e 30 de xaneiro e o 6 de febreiro.

En marzo continuaremos coa actividade no IES Dionisio Gamallo cos alumnos e alumnas de 3º da ESO, tamén durante 4 sesións os días 12 e 19 de marzo e 9 e 16 de abril.

Agradecemos, un ano máis, a confianza mostrada polo Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos do Concello de Ribadeo, na que se enmarca dita actividade e, en especial, a súa responsable Mónica Fernández Lamparte.

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies