Proxecto de loita, acompañamento, asesoramento, prevención, información… do VIH/SIDA naqueles lugares máis rurais ou que teñen menos capacidade para ser beneficiarios deste tipo de actuacións.
Actividades del programa
Obradoiros en centros de Educación Secundaria.
En diferentes Institutos de Educación Secundaria, enmarcados na área sanitaria de Ferrol e Cervo, están a levarse a cabo diferentes talleres de educación afectivo sexual. Estes talleres teñen como obxectivo formar, informar e previr o VIH-SIDA, outras ITS, embarazos non desexados, etc. ademais, a través deles foméntanse actitudes de normalización da sexualidade e da igualdade e respecto mutuo entre as persoas, erradicando os estereotipos existentes cara a persoas con diversas prácticas e orientacións sexuais, e promovendo a reflexión e análise crítico sobre as ideas, actitudes e comportamentos relacionados coas relacións humanas. Tamén se realizan actividades de sensibilización social co alumnado, como as desenvolvidas con motivo do Día Internacional da Loita contra o VIH SIDA, que se conmemora o 1 de Decembro
Stands informativos e diferentes actividades divulgativas e de sensibilización social.
Reparto de material informativo e kit de material profiláctico, co obxectivo de dar a coñecer a enfermidade, previr e concienciar sobre as prácticas de risco, así como loitar contra a estigmatización da enfermidade, e que pretenden concienciar tanto aos familiares, colectivos de risco como escolares e a cidadanía en xeral, desde unha perspectiva de xénero.
Charlas sociosanitarias.
Co obxectivo de formar, previr, informar, concienciar, divulgar, … os aspectos do VIH/SIDA aos colectivos de risco, profesionais médicos e a cidadanía en xeral.
Realización de probas rápidas en fluído oral do VIH.
Creación de un Servicio de Asesoramento individualizado, de seguimento e de acompañamento (á realización de probas) durante todo o proxecto.
En todas as actividades se informará, promocionarán e realizarán probas do VIH-SIDA en Fluído Oral “in situ”.