Declarada de utilidade pública
Nº 613924
Descarga o noso programa deste ano
Ofrecemos unha serie de actividades e intervencións educativas, sociais, obradoiros…
Como podemos axudarche?

Creamos programas socioeducativos
A nosa preocupación polo desenvolvemento sociocultural lévanos a crear programas sociais, educativos e sociosanitarios: a prevención da violencia de xénero, a mediación dos conflitos, a prevención do acoso escolar, a educación sexual, a intervención asistida con animais, programas de educación para o saúde e a prevención de adicións, programas de reforzo e apoio educativo, programa informativos sobre VIH e SIDA.

Cursos de Formación en tempo libre
Dedicámonos á formación de Monitores de Ocio e Tempo Libre, queremos dinamizar esta profesión e formar máis persoas que desenvolvan os coñecementos suficientes para crear de isto a súa profesión. Cada ano formamos a moitos e os resultados son cada vez mellores.

Formación en diversos ámbitos
Colaboramos con distintas entidades e concellos para desenvolver diferentes formacións, conferencias e obradoiros presenciais de moitos temas: acoso escolar, TICS, violencia de xénero, mediación de conflitos…

Queres ser voluntario?
En ASEDUC apostamos pola construción dunha cidadanía activa e comprometida coa realidade que nos rodea, por iso, fomentamos a participación mediante o voluntariado. Este voluntariado constitúe unha das nosas prioridades. Non dubides en participar como voluntario nalgún dos nosos programas.
A Nosa Actualidade

Recoñecemento ao traballo de Meu Can
O pasado venres, día 20 de setembro, celebrouse o día da Merced no CIS – Centro de Inserción Social Carmela Arias e Díaz de Rábago de A Coruña, co cal levamos anos colaborando en diferentes actividades. Unha destas actividades é a Terapia Asistida con Animais (TAA), en colaboración coa escola canina Meu Can, que ten

PEF – Punto de Encontro Familiar
Os Puntos de Encontro Familiar son un recurso de atención á infancia promovidos pola Consellería Social da Xunta de Galicia, regulados polo Decreto 96/2014 de 3 de xullo, cuxa xestión, dirección e administración está atribuida a ASEDUC no recurso situado en A Coruña (Lugar Xubias Arriba, 15, 15006 A Coruña. Á hora de intervir con familias demandantes ou necesarias

Orgullos@s!
O Día Internacional do Orgullo LGTBIQ (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais, intersexuais, queer) festéxase todos os 28 de xuño, día no que conmemoramos os disturbios de Stonewall de 1969, que marcou o inicio do movemento de liberación homosexual.Dende ASEDUC seguiremos traballando neste senso a través dos nosos proxectos para persoas adolescentes e poboación en xeral, nos

Programa de intervención socioeducativa dirixido a menores infractores/as e as súas familias
Dende o mes de maio, ASEDUC está a levar a cabo un novo programa, xunto coa Consejería de Sanidad del Gobierno del Principado de Asturias, de intervencións socioeducativas dirixidos a menores infractores/as e as súas familias, tutores/as, acolledores/as e guardadores/as legais ou de feito, en aplicación da Lei do Principado de Asturias 4/2015, do 6

Obradoiro de Educación sexual no CEIP María Pita
Dende o pasado día 22 de Marzo, as nosas educadoras Noelia, Sandra e Viviana están a realizar o obradoiro de Educación Sexual co alumnado de Educación Infantil do colexio CEIP María Pita. O obradoiro está composto por tres bloques de traballo: 1 O noso corpo. Coñecémonos e comprendémonos:; Traballamos e aprendemos a partes do corpo,

Xornadas Día da Muller. Concello de Fene
O pasado día 8 de Marzo celebrouse o Día da Muller, e temos o pracer de participar da man do Concello de Fene nunhas xornadas conmemoraricas que se celabrarán a partir do próximo venres 15 de Marzo e rematan o venres 29 de Marzo. O primeiro día inicícianse estas xornadas con dúas actividades a realizar
Os nosos programas
Os nosos programas básanse en colaboracións con distintos organismos públicos.
Cousas que nos parecen interesantes

Eu quero unha Lei de Educación Social
Dende ASEDUC queremos amosar o noso apoio á campaña “Eu quero unha lei de educación social”. Esta lei permitirá mellorar os servizos ofrecidos pola nosa profesión, mellorando no control da calidade, no trato á atención das persoase na mellora das condicións laborais. Se ti tamén queres participar descarga o modelo de petición. Podes escoller o

Valorar o que temos
Despois destas datas navideñas, dende ASEDUC queremos reflexionar sobre a importancia de saber valorar aqueles outros “regalos” dos que disfrutamos a diario pero que en ocasións nos pasan máis desapercibidos.
















