Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Intervencións socioeducativas en aulas, Concello de Fene

Esta semana comezamos as intervencións socioeducativas en aulas, proxecto complementario do Programa Saúde na Escola, nos diferentes centros educativos de primaria e secundaria dos concellos de Fene, Neda e Mugardos.

Os obradoiros que se levarán a cabo son os seguintes:

“Desenrédate!” Programa de Prevención de adiccións e bo uso das TIC

A través de este obradoiro tratamos de formar e informar ao alumnado no uso sensato e responsable das redes.

O uso das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) e Internet é, na actualidade, un instrumento clave na vida diaria das persoas, das súas relacións sociais, familiares, laborais, educativas, etc. Teñen revolucionado o estilo de vida das persoas adultas pero, sobre todo, da xuventude.ç

As familias, profesionais e docentes non podemos eludir a nosa responsabilidade en canto á transmisión de valores adecuados para a súa utilización. É importante coñecer os factores de risco e protección que inciden no bo ou mal uso destas tecnoloxías, as posibles sinais de alerta ante o mal uso e as recomendacións prácticas e estratexias preventivas efectivas dende o entorno familiar e educativo.

Dentro da Educación para a Saúde, unha das áreas imprescindible é a educación alimentaria. Na actualidade, aumentou de xeito considerable a produción de alimentos procesados, á par dos cambios e transformacións dos nosos estilos de vida e hábitos alimentarios, debido a globalización, o estrés, o mercado de traballo, a incorporación da muller ao mundo laboral, vidas axitadas, etc. Alimentos hipercalóricos, grasas saturadas, pratos precociñados, azucres, sal, etc. forman parte do noso día a día.

Esta proposta ten por obxecto conseguir a creación de hábitos saudables a través de coñecementos básicos sobre a influenza da alimentación e o exercicio físico na saúde. Pretende concienciar e educar sobre os beneficios que aporta o consumo consciente e responsable e dos problemas e consecuencias que se derivan do abuso de determinados alimentos e do sedentarismo.

A educación para a saúde nos centros educativos adquire cada vez unha maior relevancia, en tanto a promoción da saúde dende unha perspectiva ampla que permita mellorar o benestar físico, social e emocional do alumnado.

Un dos principais elementos da educación para a saúde é o desenvolvemento de actividades preventivas relacionadas co abuso de substancias tóxicas, entre elas o alcol. O consumo de alcol está socialmente moi aceptado na nosa cultura, sendo a principal droga que consume a poboación escolar no noso país, moi presente no tempo libre e nas relacións sociais das persoas adolescentes.

Consideramos a prevención escolar como unha ferramenta indispensable á hora de que o alumnado tome conciencia dos riscos asociados ao consumo de alcol, tendo como finalidade a prevención/diminución do seu consumo así como favorecer modelos de consumo saudable mediante estratexias que favorezan a autonomía persoal e o desenvolvemento do alumnado.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies