Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Maiores en casa. Programa de envellecemento activo en tempos de COVID-19

A situación actual a través da pandemia mundial Covid-19 fainos replantexar as nosas relacións e como seguir a realizar boas prácticas con respecto ao traballo con persoas, pero mantendo tamén as medidas necesarias de prevención.

As persoas maiores, ademais de ser un dos grupos de poboación máis afectados pola COVID-19, están a sufrir as consecuencias no seu benestar e calidade vida. O seu deterioro é unha realidade; o confinamento e a falta de actividade, de terapias cognitivas, rehabilitacións, exercitación física e mental, etc fan mella no seu día a día, tanto a nivel físico coma cognitivo.  

Esta realidade, unida ao peche dos centros de día e outros recursos, non fan máis que afianzar o seu deterioro, sobrecargando en moitos casos as súas familias.

Por elo, é preciso dar unha resposta a esta “nova normalidade” das persoas maiores, cubrindo as súas necesidades de atención, de conciliación coas súas familias, que palien as consecuencias no seu deterioro físico, mental e cognitivo e, en definitiva, aseguren o seu benestar, calidade de vida e unhas condicións de vida dignas. 

ACTIVIDADES DO PROGRAMA:

  • Estimulación cognitiva
  • Ximnasia de mantemento
  • Novas tecnoloxías relacionadas coa comunicación
  • Formacións sobre envellecemento
  • Motricidade fina

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies