Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

O universo das emocións e da sexualidade

ASEDUC, gracias a unha subvención da Concellería de Igualdade e diversidade do Concello de A Coruña, “O universo das emocións e da sexualidade”, desenvolve distintas accións, entre elas obradoiros en diferentes centros educativos da cidade.

Actualmente, nos meses de outubro e novembro, continuamos a traballar no IES Puga Ramón, co alumnado do 3º e 4º da ESO.

Os obxectivos xerais a traballar son:

  • Desenrolar e consolidar aspectos emocionais básicos para contribuír o crecemento persoal e social dos destinatarios.
  • Informar e formar os destinatarios sobre sexualidade para fomentar o seu desenrolo pleno e seguro
  • Previr comportamentos machistas e loitar polos dereitos das persoas LGBTIQI para traballar por unha cidadanía baseada no respecto e na liberdade emocional e sexual.

Os contidos que traballamos nas diferentes sesións son:

Liña 1: Educación emocional

  • Autocoñecemento/ autocontrol / habilidades emocionais e comunicativas / asertividade
  • Relación e comprensión das emocións dos demáis / empatía /respecto

Liña 2: Educación sexual

  • Sexualidade
  • Sexo/ xénero
  • Orientación sexual / Identidade sexual /Diferentes tipos de familias
  • Responsabilidade sexual
  • Prevención (embarazo e enfermidades)
  • Abuso y acoso sexual

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies