Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Presentación obradoiro de cine “De maior…creativ@”

Este luns, estivemos no Centro Cívico de Castrillón na presentación dunha nova convocatoria do proxecto “De maior…creativ@”, un obradoiro de cine para persoas maiores de 55 anos, mediante o que se busca impulsar e promover o desenvolvemento creativo, artístico e intelectual nas persoas maiores, favorecendo un envellecemento activo e saudable.

Este proxecto o estamos a desenvolver en colaboración con SocialDocs e o Concello de A Coruña, grazas a un convenio de colaboración coa Concellería de Xustiza Social e Coidados; a concelleira Silvia Cameán tamén nos acompañou este luns na presentación do obradoiro. (Na imaxe, Silvia Cameán e os productores de cine Manolo Gómez e Domingo Díaz Docampo).

 

Recordade que se está a desenvolver na cidade de A Coruña, nesta ocasión no Centro Cívico do Castrillón, dende o día 10 ao 21 de setembro en horario de 10 a 13 horas.

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies