Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Obradoiro de Educación sexual no CEIP María Pita

Dende o pasado día 22 de Marzo, as nosas educadoras Noelia, Sandra e Viviana están a realizar o obradoiro de Educación Sexual co alumnado de Educación Infantil do colexio CEIP María Pita.

O obradoiro está composto por tres bloques de traballo:

1 O noso corpo. Coñecémonos e comprendémonos:; Traballamos e aprendemos a partes do corpo, diferenzas entre sexo masculino e feminino, cambios corporais que ocorren co crecemento, etc

2 Reproducción,embarazo e nacemento

3 Diferentes tipos de familias e orientacións sexuais

Nas sesións de traballo utilizamos materiais de apoio como son videos, xogos, cacións, debuxos ou contos para que os nenos e as nenas se divertán a vez que aprenden novos contidos.

Dende o equipo de ASEDUC estamos moi contentos co desenvolvemento e realización das diferentes actividades e, sobretodo, a boa acollida que está tendo por parte dos rapaces e as rapazas que participan.

A continuación deixamos unhas imaxes do traballo dos peques¡

Traballamos as partes do corpo feminino e masculino
Traballamos a reproducción, embarazo e parto
Visualizamos un conto

Seguiremos informando sobre a actividade

Un saúdo

EQUIPO ASEDUC

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies