Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Obradoiros Balancéate!

Durante estes meses, continuamos a traballar nos centros educativos dos Concellos de Fene, Neda e Mugardos.

Fai uns días compartíamos os traballos que estamos a desenvolver no marco do programa Desenredate!, tanto nos centros educativos de primaria como de secundaria.

Neste caso, os obradoiros de Balancéate! están dirixidos ao alumnado de educación primaria, concretamente para quinto e sexto.

Esta proposta ten por obxecto conseguir a creación de hábitos saudables a través de coñecementos básicos sobre a influenza da alimentación e o exercicio físico na saúde. Pretende concienciar e educar sobre os beneficios que aporta o consumo consciente e responsable e dos problemas e consecuencias que se derivan do abuso de determinados alimentos e do sedentarismo.

Os contidos que se traballan co alumnado ao longo das sesións son os seguintes:

Alimentación saudable:
–  Funcións dos alimentos

–  Roda/pirámide dos alimentos

–  Alimentación equilibrada

Necesidades nutricionais:

–  Elaboración menú

–  Etiquetado nutricional

Nutrición e saúde:
–  Enfermidades relacionadas coa alimentación

–  Xogos e exercicio físico

–  Consumo responsable: reducir, reutilizar e reciclar

–  Publicidade e alimentación. En que nos inflúe?

–  Mitos e falsas crenzas

Consideramos que a educación e a prevención, a estas idades, é indispensable para formar a persoas adultas responsables, sans e felices.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies