Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Obradoiros de prevención VIH/SIDA en Ribadeo

O pasado mes de Decembro, o día 1, Día da loita contra o VIH/SIDA, xa estivemos no Concello de Ribadeo participando da man de Mónica Fernandez Lamparte, psicóloga e responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos do Concello ribadense.

Para seguir levando a cabo este programa, o próximo mes de Febreiro empezaran os obradoiros no CIFP Porta da Auga, onde estaremos traballando os días 19 e 26 de Febreiro e 12 e 26 de Marzo.

Outros dos centros educativos onde intervimos é o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, onde se traballará os días 1,8 e 29 do próximo mes de Abril.

Nestes obradoiros levarse a cabo diferentes talleres de educación afectivo sexual. Estes talleres teñen como obxectivo formar, informar e previr o VIH-SIDA, outras ITS, embarazos non desexados, etc. ademais, a través deles foméntanse actitudes de normalización da sexualidade e da igualdade e respecto mutuo entre as persoas, erradicando os estereotipos existentes cara a persoas con diversas prácticas e orientacións sexuais, e promovendo a reflexión e análise crítico sobre as ideas, actitudes e comportamentos relacionados coas relacións humanas.

Tamén se realizan actividades de sensibilización social co alumnado, como as desenvolvidas con motivo do Día Internacional da Loita contra o VIH SIDA, que se conmemora o 1 de Decembro.

 

Equipo ASEDUC

 

 

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies