Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Obradoiros “Prevención do amor romántico”

Hoxe comezamos máis obradoiros do programa “Prevención do amor romántico”, no colexio Jorge Juan Perlío de Fene, co alumnado de educación secundaria.

Este está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero.

A finalidade principial do programa é a de previr e aprender a identificar a violencia nas parellas novas e coñecer a gran diferencia que existe entre o mal querer e o ben querer.

Os obxectivos xerais que se pretenden conseguir son:

  • Reflexionar sobre os mitos e estereotipos en torno aos roles de xénero tradicionais, a violencia de xénero e o amor romántico.
  • Integrar actitudes e valores alternativos á agresión dentro das parellas de persoas mozas.
  • Cuestionar modelos de parella plantexados dende o amor romántico.
  • Fomentar a construcción de parellas igualitarias.
  • Traballar a asertividades e a empatía.
  • Coñecer os factores de risco que levan a unha situación de maltrato.
  • Identificar o problema da violencia de xénero.
  • Desmitificar falsas crenzas que se asocian a persoa maltratadora e persoa maltratada.
  • Dotar de habilidades para evitar as relación non sás.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies