Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Obradoiros VIH/SIDA no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Onte, luns 16 de abril, rematamos os obradoiros de VIH/SIDA cos tres grupos de 3º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Estes obradoiros encádranse dentro do Programa “Infórmate…perde o medo” que vimos desenvolvendo ao longo dos últimos anos nas áreas sanitarias de Ferrol e Cervo.

Ao longo dos meses de marzo e abril leváronse a cabo 4 sesións co alumnado de 3º da ESO de dito centro. Os obradoiros, ademáis da prevención sobre o  VIH / SIDA, teñen outros obxectivos que son:

  • Proporcionar unha formación afectivo-sexual libre de estereotipos sexistas, baseada no respecto mutuo e a autonomía persoal.
  • Informar aos mozos e mozas para que poidan gozar dunha vida afectivo-sexual pracenteira e saudable.
  • Facilitar os recursos necesarios para que os mozos e mozas teñan a posibilidade de desenvolver unha vida sexual satisfactoria e sen riscos (embarazos non desexados, VIH, ITS…).
  • Fomentar actitudes de normalización da sexualidade e de igualdade e respecto mutuo entre as persoas.
  • Fomentar a erradicación dos estereotipos existentes cara persoas con prácticas e orientación sexual diferentes, previndo os comportamentos violentos e homófobos.
  • Promover a reflexión e análise crítica sobre as ideas, actitudes e comportamentos relacionados coas relacións humanas.

Esperamos volver pronto a Ribadeo para seguir desenvolvendo o Programa, mediante outras actividades como son os stands informativos e de sensibilización.

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies