Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

PEF – Punto de Encontro Familiar

Os Puntos de Encontro Familiar son un recurso de atención á infancia promovidos pola Consellería Social da Xunta de Galicia, regulados polo Decreto 96/2014 de 3 de xullo, cuxa xestión, dirección e administración está atribuida a ASEDUC no recurso situado en A Coruña (Lugar Xubias Arriba, 15, 15006 A Coruña.

Á hora de intervir con familias demandantes ou necesarias dun punto de encontro familiar, debemos ter en conta que o noso fin último deberá ser o fortalecemento da vinculación entre as persoas adultas da familia e os/as menores involucrados/as.

O máis importante neste senso, será centrarse nas potencialidades do núcleo familiar e de cada persoa da familia en particular, mellorando e potenciando as súas habilidades comunicativas e emocionais e logrando así unha mellor relación.

Obxetivos a cumplir

  • Favorecer o dereito das e dos menores para manter a relación coas persoas proxenitoras ou familiares.
  • Orientar e apoiar as familias que así o precisen.
  • Preparar as familias para que consigan a súa autonomía e podan manter relación coas súas fillas e fillos sen depender do “Punto de encontro familiar”.
  • Previr a violencia durante o réxime de visitas velando pola seguridade do menor e de outras persoas vulnerables.
  • Proporcionar ás/os menores un lugar neutral onde poder expresar os seus sentimentos e necesidades en relación á súa situación familiar.
  • Favorecer o acordo entre as partes en conflito cando elo sexa posible e desexable polo benestar da/o menor.
  • Colaborar coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica proporcionándolle os datos que aseguren a toma de decisións en función do benestar e interese da/o menor.

Persoas Participantes no servizo

Poden ser persoas usuarias do PEF, sempre que así o estableza unha resolución xudicial ou administrativa, os membros das familias en que exista algún tipo de problema relacionado co cumprimento do réxime de visitas, así como os integrantes de familias nas que existan situacións de violencias que supoñan un risco para calquera dos seus membros durante o réxime de visitas.

Serán usuarias do PEF as persoas que teñan un dereito de visita dunha ou dun menor con domicilio en Galicia, ou ben un dereito de visita que se deba desenvolver en Galicia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies