Programa de competencias educativas, CIS Carmela Arias e Díaz de Rábago.
Lugar: este programa desenvólvese no CIS (Centro de Inserción Social) Carmela Arias e Díaz de Rábago (A Coruña), con internos en terceiro grado de clasificación.
Objetivos: O Programa de Competencias educativas responde á necesidade de poñer en marcha actuacións preventivas e de mellora das aprendizaxes.
Entre os obxectivos fundamentais da Educación está a esixencia de proporcionar unha educación de calidade a toda a cidadanía, en todos os niveis, a fin de que alcancen o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades: individuais, sociais, intelectuais, culturais e tamén emocionais.
- Debe garantirse unha igualdade efectiva de oportunidades prestando o apoio necesario a todo o alumnado que o necesite.
- Sendo pois a finalidade principal proporcionar ás persoas unha educación que lles permita afianzar o propio benestar e desenvolvemento persoal, adquirindo as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectoescritura e ao cálculo, e desenvolver as habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade.
- Así pois, un ensino de calidade e o sentimento de ir avanzado nas propias aprendizaxes producirán nos/ as participantes os niveis adecuados de motivación que favorecerán a consecución de futuras aprendizaxes.