Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Programa de Competencias Educativas no CIS

Este ano seguimos realizando o programa de Competencias Educativas no CIS (Centro de Inserción Social) Carmela Arias e Díaz de Rábago, da Coruña. Esta actividade impártese os mércores e xoves no CIS, de 10 a 11:30 h, e contamos cun total de 25 participantes.

As actividades que realizamos pódense dividir en:
Orientación e aula (proba de nivel coa que determinar o nivel e os obxectivos con cada persoa participante).
Reforzo educativo (áreas instrumentais de linguaxe e matemáticas; atención, memoria e concentración; mellora das aprendizaxes; habilidades básicas; lectura e escritura; etc.).
Preparación de probas (Ámbitos Científico-Tecnolóxico, de Comunicación e Social dos niveis de Graduado en Educación Secundaria e de Acceso a Ciclos de Grao Medio. Competencias en Comunicación: lingua galega, castelán e inglés; matemáticas de proba de Competencias Crave).
A metodoloxía que seguimos á hora de desenvolver o programa é práctica, participativa e centrada na aprendizaxe da persoa. Para iso seguimos unha serie de principios metodolóxicos, como son:
  • Ter en conta os intereses, estilos de aprendizaxe e capacidades de cada participante.
  • Fomentar a participación activa.
  • Conseguir relacionar o que teñen que aprender co que saben.
  • Propoñer actividades diversificadas, adaptables e o máis próximas posibles á realidade.
  • Utilizar materiais funcionais adaptados ás capacidades e con utilidade práctica.
  • Reforzar os avances e aproximacións á consecución dos obxectivos.

Este programa responde á necesidade de poñer en marcha actuacións preventivas e de mellora das aprendizaxes. Debe garantirse unha igualdade efectiva de oportunidades prestando o apoio necesario a todo o alumnado que o necesite. Sendo a finalidade principal proporcionar ás persoas unha educación que lles permita afianzar o propio benestar e desenvolvemento persoal, adquirindo as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectoescritura e ao cálculo, e desenvolver as habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade.

NUNCA DEIXES DE APRENDER!

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies