Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Programa de intervención socioeducativa dirixido a menores infractores/as e as súas familias

Dende o mes de maio, ASEDUC está a levar a cabo un novo programa, xunto coa Consejería de Sanidad del Gobierno del Principado de Asturias, de intervencións socioeducativas dirixidos a menores infractores/as e as súas familias, tutores/as, acolledores/as e guardadores/as legais ou de feito, en aplicación da Lei do Principado de Asturias 4/2015, do 6 de marzo, de atención integral en materia de drogas e bebidas alcólicas.

Os obxectivos deste programa son mellorar a información e coñecemento dos/as menores infractores e as súas familiassobre o consumo de drogas en xeral e do alcol en particular, así como os seus posibles efectos e promover a toma de conciencia de como afecta o consumo de drogas á calidade de vida dunha persoa.

Durante as sesións traballamos:

  • As consecuencias e tópicos sobre o consumo de alcol e tabaco, así como a percepción do risco existente.
  • As consecuencias e tópicos das drogas en xeral, así como a percepción do risco existente.
  • As ferramentas necesarias para os/as menores para enfrontarse a situacións de presión grupal.
  • Alternativas saudables de ocio comunitario.
  • Ferramentas de supervisión para as familias das situacións de exposición ao consumo de drogas en xeral e de alcol e tabaco en particular.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies