Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Programa de Mediación: formación de mediadoras e mediadores

Dentro do Programa PROMESA (Programa Municipal de Educación para a Saúde, Oleiros) lévase a cabo nos centros educativos do Concello de Oleiros o Programa de Mediación en Conflictos “A túa responsabilidade ante os problemas”.

Esta formación de mediadoras e mediadores ten por finalidade crear vínculos de unión entre os grupos de mediación, o alumnado, o equipo docente e demáis membros da contorna escolar, así como mellorar a convivencia no centro educativo. Os seus obxectivos, entre moitos outros, son:

  • Coñecer a mediación dende unha perspectiva global e como unha das propostas eficaces para mellorar a convivencia na institución educativa.
  • Favorecer o desenvolvemento do estilo colaborativo na resolución de conflitos.
  • Aprender as fases principais dun proceso de mediación formal, a súa función e a forma de desenvolver cada unha delas.
  • Implicar ao alumnado no deseño e desenvolvemento das actividades para mellorar a convivencia.
  • Etc.

Este trimestre estivemos a traballar dita formación en dous centros educativos: CEIP Isidro Parga Pondal e o CEIP Luis Seoane.

No CEIP Isidro Parga Pondal desenvolveuse a formación durante o mes de Xaneiro, traballando cos dous grupos de 5º de Educación Primaria. Na imaxe que podedes ver a continuación móstrase o traballo realizado polo alumnado na creación dun logo para o seu equipo de mediación escolar.

No Ceip Luis Seoane estivemos a traballar dende o pasado 2 de febreiro e rematamos esta semana, o venres día 23 de marzo. Neste centro traballamos co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, catro grupos.

Seguiremos a traballar con ambos centros educativos acompañando á hora de implantar o proceso de mediación no centro.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies