Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Programa publigualdade

Programa de Igualdade e prevención da violencia de xénero.

A nosa asociación leva participando dende o ano 2006 nunha serie de programacións que tratan de mellorar a formación ,a sensibilización e a información que ten a xuventude sobre diversos temas e problemáticas presentes na sociedade na que viven, entre elas , a necesidade de desenvolver programas e accións coeducativas integradas no sistema educativo formal e informal que brinden a posibilidade de cuestionar o rol de xénero asignado e de recoñecer a riqueza que aporta a diversidade de xénero, co obxectivo de superar as desigualdades existentes e previr a violencia de xénero e os conflitos por razón de xénero dende a adolescencia.

Por iso levamos á cabo o Programa PUBLIGUALDADE., subvencionado pola Deputación de A Coruña, co cal se pretende sensibilizar á xuventude sobre a igualdade e a violencia de xénero mesturar os coñecementos que posúen xunto as ferramentas publicitarias, para poder coñecer os efectos negativos das mesmas.Da mesma maneira tratase de ofrecer a posibilidade ao alumnado de crear unha campaña publicitaria (de tipo audiovisual: curtametraxe, vídeo, etc.) na que poidan, ao mesmo tempo que participan e asentan os coñecementos en igualdade adquiridos, sensibilizar e transmitir ao resto da poboación eses valores asentados na igualdade .

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies