De novo durante este curso escolar, grazas a unha subvención da Deputación de A Coruña, estamos a levar a cabo durante estes meses en diferentes centros educativos dos concellos de Fene e Neda, un programa de prevención e sensibilización da igualdade de xénero a través da publicidade.
O fin do proxecto é a sensibilización da xuventude sobre a igualdade, a violencia de xénero e a igualdade na publicidade.
Deste modo o programa ten dúas partes, una primeira de obradoiros educativos na que abordamos a conceptualización de diversos temas como o sexo, o xénero ou a diversidade sexual e tamén entraremos a traballar nos estereotipos de roles e xénero, a imaxe da muller e do home na publicidade, a cosificación feminina, análise de diferentes contidos creados por referentes adolescentes ou atopados na publicidade e nas plataformas dixitais, etc.
A segunda parte céntrase na creación audiovisual dunha curtametraxe onde o alumnado poda transmitir os seus coñecementos adquiridos durante o obradoiro.
Esperámosvos a todos¡
Un saúdo
