Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

PUBLIGUALDADE

Dende ASEDUC, grazas a unha subvención da Deputación de A Coruña para un programa de prevención e sensibilización da igualdade de xénero a través da publicidade, levaremos dende este mes de Outubro e ata Decembro nos Centros educativos: IES MARIÑAS, IES FRANCÍSCO AGUIAR E COLEXIO JORGE JUAN PERLIO, o proxecto Publigualdade.

O fin do proxecto é a sensibilización da xuventude sobre a igualdade, a violencia de xénero e a igualdade na publicidade.

Deste modo o programa ten dúas partes, una primeira de obradoiros educativos na que abordamos a conceptualización de diversos temas como o sexo, o xénero ou a diversidade sexual e tamén entraremos a traballar nos estereotipos de roles e xénero, a imaxe da muller e do home na publicidade, a cosificación feminina, análise de diferentes contidos creados por referentes adolescentes ou atopados na publicidade e nas plataformas dixitais, etc.

A segunda parte céntrase na creación audiovisual dunha curtametraxe onde o alumnado poda transmitir os seus coñecementos adquiridos durante o obradoiro.

Esperámosvos a todos¡

Un saúdo

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies