Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Que é ASEDUC?

Coa denominación “Asociación Socio –Educativa para la Educación (ASEDUC)”, constitúese unha Asociación Socio – Educativa ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

Esta asociación créase o 13 de Xullo de 2006, figurando no rexistro na Central de Asociacións co número 2006/009896-1 (SC).
 
O 24 de maio de 2019 fomos declarados de utilidade pública, co número 613924. 
 
Tendo como ámbito de actuación, principalmente, todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. 
 
As accións que levariamos a cabo poderíanse agrupar nas seguintes:
 
  • Previr as posibles causas das adicciones: a delincuencia xuvenil, exclusión e inadaptación social; asistir, tratar e reeducar.
  • Actuar no marco da intervención comunitaria.
  • Realizar actividades informativas, formativas e de investigación necesarias para alcanzar o obxecto, como conferencias, cursillos, estudos, publicacións, etc.
  • Accións dirixidas a proporcionar o apoio, a integración social e o sano desenvolvemento dos individuos ou grupos de poboación.
  • Fomentar, promover e/ou xestionar recursos e programas de calidade accesibles e abertos á innovación.
  • Contemplar a inserción social como elemento normalizador e integrador no proceso de deshabituación, por medio de estratexias innovadoras que garantan resultados a corto, medio e longo prazo.
  • Promover, fomentar ou xestionar alternativas, programas ou cursos de formación profesional e entidades de inserción social.
  • Accións informativas, formativas e de investigación que den a coñecer e sexan necesarias para preparar a técnicos e voluntarios, mellorando tamén as metodoloxías de intervención.
  • Esixir a profesionalización e actualización curricular aos técnicos, promovendo o desenvolvemento da docencia, apostando por unha formación universitaria e colaborando ou deseñando cantos programas de prevención ou de asesoramento sexan necesarios para a comunidade.
  • Fomentar a participación do voluntariado social, ao igual que de cantos servizos civís de carácter social poidan mellorar a calidade e a solidaridade nas intervencións.

QUEN CONFORMAMOS ASEDUC?

Esta asociación está conformada por profesionais derivados de distintos campos profesionais, dende a educación, a saúde, a orientación (tanto profesional, como laboral).

Todos temos unha grande cualificación, tanto a nivel de titulación, como de experiencia, así como unha gran motivación de aplicar á realidade que nos atopamos, as súass formas de traballar e de entender o traballo educativo que levan a cabo.

O equipo de traballo desta Asociación ten unha característica peculiar, que complementamos a xuventude coa experiencia, xa que entendemos que para alcanzar os obxectivos que ten esta asociación, se debe estar en contacto coa rúa (xuventude), apoiado coa experiencia da outra parte do equipo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies