Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Recoñecemento ao traballo de Meu Can

O pasado venres, día 20 de setembro, celebrouse o día da Merced no CIS – Centro de Inserción Social Carmela Arias e Díaz de Rábago de A Coruña, co cal levamos anos colaborando en diferentes actividades.

Unha destas actividades é a Terapia Asistida con Animais (TAA), en colaboración coa escola canina Meu Can, que ten por obxecto mellorar a calidade de vida das persoas usuarias utilizando os cans como unha canle de comunicación e de motivación para levar a cabo a terapia.

Este venres, Lorena Terrón (Meu Can) recibiu un premio honorífico en recoñecemento ao seu traballo de TAA no CIS. Non podemos máis que felicitarte polo gran traballo que desenvolves e agardamos poder seguir colaborando nesta e en futuras actividades.

Moitísimas felicidades Lorena! E noraboa a Lala, Marnie, Nut e Alf!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies