Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Remate curso PRAEMO

A semana pasada, o venres 29 de Xuño, rematamos un novo curso escolar de PRAEMO (Programa de Reforzo e Apoio Educativo Municipal de Oleiros).

Trátase dun programa preventivo e de apoio ás familias que contribúe á modificación de patróns de conduta non desexados e á adquisición de pautas saudables para a familia. É desenvolvido por dúas educadoras sociais e varias persoas voluntarias.

Os seus obxectivos son:

  • Previr o fracaso escolar
  • Previr ou reducir o absentismo
  • Apoiar ás familias na educación fora do horario escolar
  • Apoiar ao alumnado no avance e desenvolvemento dos seus estudos
  • Promover hábitos e técnicas de estudo
  • Reforzar as aprendizaxes que se realizan na escola.

O Programa desenvólvese en diferentes lugares, en horario de 17h a 19h para Educación Primaria e de 18h a 20h para Educación Secundaria: Centro Cívico de Santa Cruz, Casa do Pobo de Nós, Centro Social de Rialta e Casa da Cultura de Perillo.

Este ano comezamos o programa o luns 6 de novembro, e ao longo destes meses inscribíronse un total de 77 alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos do Concello de Oleiros (ou Concellos próximos) tanto de educación primaria como de educación secundaria.

Esperamos que gocedes dunhas boas vacacións de verán! Moitas grazas por participar!

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies