Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Remate Obradoiros PROMESA no IES Neira Vilas

Dende o mes de Xaneiro, vimos desenvolvendo no IES Neira Vilas diversos obradoiros encadrados no Programa PROMESA (Programa Municipal de Educación para a Saúde e a Prevención das Adiccións), co alumnado de 1º, 2º e 4º da ESO de dito centro educativo.

Estos obradoiros están constituídos por 5 sesións cunha duración de 50 minutos cada unha. Os contidos que se traballan en cada unha das sesións son diferentes segundo o curso, posto que se adaptan a cada idade, e tamén segundo as características, necesidades e intereses propios do alumnado de cada clase. 

En 1º da ESO desenvólve “PROMETO VALORARME”, no que se traballan contidos como a saúde, a valoración personal (como nos vemos), necesidades, autoestima e presión de grupo. Tamén se abordan as diversas opcións de ocio, facendo fincapé no uso responsable das redes sociais.

Na seguinte fotografía podemos ver as reflexións do alumnado de 1º da ESO sobre todo o traballado ao longo do obradoiro.

En 2º da ESO, “PROMETO COMUNICARME BEN”, abordando diferentes contidos como as habilidades sociais e de relación, asertividade, empatía, habilidades de comunicación, autocoñecemento e autoestima. As sesións estanse a rematar ao longo desta semana.

Por último, en 4º da ESO, “PROMETO COIDARME”, no cal nos centramos na prevención das adicións: drogas legais/ilegais, presión de grupo, habilidades sociais, etc.

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies