Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Servizo de xestión, coordinación e dinamización do espazo para a mocidade do barrio Sagrada Familia

Dende hoxe, e ata decembro, comezamos a xestionar, coordinar e dinamizar o espazo para a mocidade do barrio da Sagrada Familia, pertencente ao departamento de Xuventude da  Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello de A Coruña.

Este está situado no cuarto andar do Centro Social Sagrada Familia (r/Sagrada Familia, 26), e permanecerá aberto de martes a domingo. Os seus horarios son:

  • Martes de 16:30h a 20:30h
  • Mércores de 16:30h a 20:30h
  • Xoves de 16:30 a 20:30h
  • Venres de 17h a 23h ou de 17h a 24h (segundo programación de actividades)
  • Sábado de 17h a 23h ou de 17h a 24h (segundo programación de actividades)
  • Domingo de 16:30h a 21:30h

Neste espazo desenvolveranse diversas actividades de ocio e tempo libre orientadas e pensadas pola mocidade do barrio da Sagrada Familia. Acércate a coñecer o espazo! Repetirás seguro!

Vémonos hoxe á tarde!

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies