Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Táboa redonda sobre acoso escolar en Ribadeo

O vindeiro 13 de Decembro, en Ribadeo, celebrarase unha táboa redonda sobre o acoso escolar, organizada pola Concellaría de Servizos Sociosanitarios e polo Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos, e na que participará ASEDUC.

acoso escolar mesa redonda

A concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán Vizoso, e o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos, están a organizar unha táboa redonda sobre o acoso escolar, na que participarán relatores e relatoras expertos no tema. Segundo explica a responsable do programa Mónica Fernández Lamparte “esta actividade celebrarase o mércores, 13 de decembro, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Mar e vai dirixido especialmente a familias (todo o alumnado ribadense recibirá unha carta para entregar na casa) e tamén a calquera persoa interesada. A entrada é de balde”.

Nesa carta enviada ao alumnado ribadense sublíñase que “o acoso escolar ou bullying é un problema global que afecta a todos os países, e que se da principalmente entre os 12 e os 16 anos. Esta situación estase agravando nos últimos anos debido tamén ao maior acceso á tecnoloxía por parte dos menores, o que está propiciando unha nova modalidade de acoso, denominada ciberbullying ou ciberacoso, onde existe un maior sentimento de impunidade por parte do agresor/a”. E engaden nesa comunicación que “varias persoas coñecedoras do tema nos explicarán cómo detectalo e cómo afrontalo, ademais de falar sobre todas as partes implicadas nun proceso deste tipo: acosado-a, acosador-a, observadores, familias, a escola…”.

Os relatores e relatoras que participarán na táboa redonda en Ribadeo serán:
-Octavio Susacasa. Mestre e Psicopedadogo. Asociación Aseduc.
-Olga Alvite. Pedagoga. Coordinadora Delegación Lugo Fundación Meniños.
-Fernando Villar e Ramón Peña, formadores da Garda Civil. Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies