Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Terapia asistida con animais con mulleres coidadoras “Camiñando xuntas”

Este mes, e ata o próximo mes de decembro, se está desenvolvendo o programa de terapia asistida con animais con mulleres coidadoras “Camiñando xuntas”.

Este programa se leva a cabo en colaboración coa escola canina Meu Can así como coa Fundación Mujeres, e desenvólvese os martes de 11h a 12h, no CIM (Centro de Información á Muller) de A Coruña, que nos cediu un espazo para poder realizar a actividade. ¡Moitas grazas!

O obxectivo xeral deste programa é mellorar a calidade de vida das usuarias a través da terapia realizada coas cadelas. Os obxectivos específicos son:

  • Aumento da autoestima
  • Xestión emocional
  • Aumento da empatía
  • Superación do medo
  • Aprendizaxe da relaxación
  • Aumento da atención e a concentración

En conclusión, o fin da terapia con cans é alcanzar estes obxectivos ademais de xerar un benestar emocional no grupo de usuarias que participen nela.

As cadelas coas que se traballará na terapia serán Lala, unha mestiza de podenco con pointer con ampla experiencia,  que participou en diversos programas de terapia asistida (TAA) e intervención asistida (IAA), e Nut, unha labradora de 2 anos de idade que está empezando en proxectos de terapia asistida.

Seguiremos informando de como se van desenvolvendo as diferentes sesións de traballo.

 

 

 

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies