Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Terapia Asistida con Cans (TAC) no CIS Carmela Arias e Díaz de Rábago

Estamos a realizar o programa de Terapia Asistida con Cans ( TAP) no CIS (Centro de Inserción Social) Carmela Arias e Díaz de Rábago.

Este programa é posible grazas ao Convenio asinado coa Escola Canina Meu Can, e á colaboración ao longo destes anos co CIS, no que realizamos outros proxectos como o “Programa de Competencias Educativas” e o Programa de Teatro.

A través deste proxecto de IAA (Intervención asistida con animais), neste caso concreto de TAC (terapia asistida con cans), temos por obxectivo mellorar a calidade de vida de grupos de persoas reclusas en terceiro grao de clasificación, utilizando os cans como unha canle de comunicación e de motivación para levar a cabo a terapia.

Entre os seus obxectivos están:

  • Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
  • Aumento da autoestima
  • Xestión emocional
  • Aumento da empatía
  • Superación do medo
  • Aprendizaxe da relaxación
  • Aumento da atención e a concentración

Este programa levarase a cabo pola Escola Canina Meu Can co apoio socioeducativo de ASEDUC.

 

 

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies