Asociación Socio–Educativa para a Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Xornadas Día da Muller. Concello de Fene

O pasado día 8 de Marzo celebrouse o Día da Muller, e temos o pracer de participar da man do Concello de Fene nunhas xornadas conmemoraricas que se celabrarán a partir do próximo venres 15 de Marzo e rematan o venres 29 de Marzo.

O primeiro día inicícianse estas xornadas con dúas actividades a realizar na Biblioteca Municipal Pérez Parallé na Casa da Cultura de Fene de 9:00h a 14:00h:

  • XVII Maratón de Lectura “Fene Lendo Mulleres”
  • Exposición ̈As mulleres alimentan o mundo ̈(Comercio xusto)

Este memo día, no horario de tarde (19:00h) a celebración dunha mesa de experiencias e debate que ten por título MULLERES TRABALLADORAS: VIVENCIAS.

A mesa redonde conta ca participación de 5 mulleres:

Josefa García Santiago. Pediatra
Olga Santiago Lopez. Traductora
Manuela Carneiro Fernández. Panadera
Amalia Botas Lamas, Mediadora de seguros
Érica Diz Pita. Matemática

O seguinte venres, día 22 de Marzo, levarase a cabo a proxección do documental: “ Tecido resistente” , que se poderá disfrutar no salón de Actos da Casa da Cultura a partir das 19:00h.

Cando finalice a proxección realizarase un debate coa directora, Marina Chiavegatto.

Por último, o venres 29 de Marzo remataranse estas xornadas coa representación da obra de teatro “MULLERAZAS” da compañía criando Malvas, que tamén s epoderá disfrutar no salón de Actos da Casa da Cultura a partir das 18:30h.

 

A la par da celebración destas xornadas, desde o Concello encomendáronnos a realización de obradoiros educativos : Prevención do amor romántico.

A continuación mostramos o cartel e o folleto correspondente onde consta o manifesto realizado por Josefa García (Pediatra):

CARTEL:

FOLLETO:

 

 

Esperamos a súa participación.

 

Equipo ASEDUC

 

            

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies