Asociación Socio–Educativa para la Educación

A educación como base do futuro da nosa sociedade

Rúa Neveda, 4 Bajo
Santa Cruz - Oleiros

Teléfono: 981 929 354
Móvil: 680 337 658

Horario: L-V 09:00h a 13:00h - 16:00h a 20:00h

Programa PROMESA

Programa Municipal de Educación para a Saúde e a prevención das adiccións

Este programa estructúrase en tres ámbitos:

ÁMBITO EDUCATIVO

Neste programa intervimos en centros escolares tratando temas de prevención de drogas, educación emocional, prevención dO acoso escolar, etc. Desenvólvense obradoiros en Educación Primaria, Secundaria, Bachillerato e Ciclos Formativos.

contenidos-promesa-2

ÁMBITO FAMILIAR

  • Escola para pais e nais:

Temos dúas escolas, unha para pais e nais con nenos/as en Primaria e outra para nais e pais con nenos/as en Secundaría.

A duración É de 6 sesións de dúas horas cada unha. As datas do mesmo se publican nesta páxina web, así como na web do Concello de Oleiros.

  • Punto de asesoramento para nais e pais:

Recuso de apoio ás familias do Concello de Oleiros para que poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas e socializadoras. Programa de carácter preventivo que contribúe a modificacións de conductas non desexadas e á adquisición de pautas saudables da dinámica familiar.

Realízase os Martes e Xoves de 17h a 19h. Para asistir, poderás solicitar cita no teléfono da Fábrica, 981.636.598, en horario de mañá.

  • Punto de asesoramento para nenos e nenas:

Alumnado dende o último ciclo de educación primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, para que poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións familiares, educativas e comunitarias e superar situacións de necesidade e risco social.

Realízase os Martes e Xoves de 17h a 19h. Para asistir, poderás solicitar cita no teléfono da Fábrica, 981.636.598, en horario de mañá.

ÁMBITO SOCIAL

  • Mediación escolar:

A mediación non consiste na eliminación dos conflictos da comunidade educativa. O que busca este proceso é crear vínculos de unión entre os grupos de mediación, o alumnado, profesorado e demáis membros do contexto escolar, así como mellorar a convivencia no centro educativo.

  • Radio:

Os programas de radio “Desmárcate” son todos os Xoves de 13,00 a 13,30 en Radio Oleiros no 101,5 FM, repetíndose polas tardes. Tamén se pode escoitar nos podcast desta páxina web e na web do Concello.

Trátanse temas de actualidade, relacionados coa educación e prevención para os nosos fillos e fillas, así como temas de actualidade que poidan ser de interese.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies